¡¡¡ Algarabía 2008 !!!
Empeza a Algarabía coa visita dunha pequena delegación á Praza de Europa...
...coa sana intención de inaugurar por fin o puto palco da puta praza...
...e a súa piscina climatizada...
Para o cal temos tódo-los ingredentes: Fermosa azafata, coxín, tesoiras, cinta...
Banda de música, periodistas, público enfervorizado...
Así pois, procedemos á primeira Inauguración-Clausura de espacio público, feitas no mesmo acto.
E de ahí, como debe ser... ó Pasarrúas inaugural
Éste ano, cunha innovación: O primeiro pasarrúas sobre tractor con remolque no máis puro estilo electoral ianqui.
E non é calquera tractor, non... ¡Deseño italiano!
Todos p'arriba
Qué bos que son, os nosos delegados, que nos levan de excursión.
O berro inicial foi: ¡O sistema capitalista ten fisuras!
Colorida Algarabía
O confetti enchía o ceo (bueno, casi)
Caravanas enteiras de coches que se unían á festa tra-lo tractor inaugural
Rematou o paseo. Todos abaixo, que imos cara á...
...Praza das Pipas, onde tivo lugar o I Acto Oficial de Consolidación do Cambio de Nome da antiga praza de non sei quen...
Jimi, pregoando con fervor: ¡Viva a Algarabía! ¡Viva Campanas!
I Campionato mundial de "Escurrí-lo bulto"... adicado ó noso ínclito alcalde
...onde o que máis e o que menos, empregando as ensinanzas do noso rexedor, fixo por zafarse dos tiros libres directos.
Paixón e entrega na Competición Internacional
Chegou a hora de repoñerse: Marabillosas empanadas de Casquería Fina, xa unha tradición.
E como non, a música: Linho do Cuco na terraza da Praza.
E dentro xa da Taberna, María e Nercellas deleitáronnos cos seus acordes
Mentres na porta Micra exerce de cancerbero (ou can-cervecero)
Ainda que eso sí, un bocata é un bocata sexa a hora que sexa.
Pais que tedes fillos, vinde ó Parque de Loriga
Quedan inaugurados estes Xogos da XXIV Algarabía
Taller de chapas a cargo de Ángel
Taller de malabares (fabricación e uso) a cargo de Paz Montilla
O Caldeiro, xogado no mundo enteiro
por persoas dispares que tamén fan malabares
Estatua ó visitante descoñecido
Sí, é un cadro. Espectacular.
Creación artística por todas partes!!!
¡¡¡Ó rico Potiño!!!
E por fin... o Campionato do Mundo de Pelota No Aire
Cada ano, máis cerca da plusmarca mundial
...que ostentan os Suecos en 100 toques.
E que nós, cunha alineación de gala...
...deixamos en 62 toques, como plusmarca persoal da Algarabía.
Ata que a pelota quedou nunha árbore... e pinchouse.
OEM (Obradoiro Enfebrecido de Malabares)
eiquí, uns TPC (Tipos pintando no chan)
Luchi, convertido en Cabeza-Maceta.
Un recordo emocionado ó Cine Lalín, agora en estado máis ruinoso aínda.
Eiquí asistimos ó I Concerto Sobre Marquesina
Nunca a Estatua ó Neno foi tan Estatua ó Neno coma agora
Iván elevou ós nosos espíritus por riba da Marquesina co seu flamenco impecable
Acompañado de Benxamín ó clarinete
Ante un público culto e atento que non perdía detalle
Viva a Algarabía! Viva a Marquesina! Que rule o confetti!
O público asistente ó I Concerto para guitarra flamenca e clarinete sobre marquesina e balcón.
K.G.B.
Novo & Carrasqueses
Je
Empanada vexetariana!!! Ri-qui-sí-si-ma. Cortesía de Panadería Nercellas.
¿Anarquía? ¿Autodeterminación? ¿Aristocracia? ¡Non! ¡Algarabía!
Micra, entre os "Aes", símbolos da Algarabía.
Esplendorosa tarde de domingo no Parque.
Cores
A frase foi: "Debería haber unha Algarabía cada fin de semana".
Taller de instrumentos: Éstes da Algarabía andan como maracas. Perdón, andan CON maracas.
o Títere-Cíclope.
Obradoiro de Títeres
Anita Obregón nega calquera relación con feitos delictivos.
Luchi cree que minte.
I Certame de Chistes malos a cargo do colectivo "Mistetas"
...onde todos tiveron a súa oportunidade...
...de contar un chiste...
...pior co anterior.
Micra, que non perdía detalle da merenda dos rapaces.
Humorismo de métrica libre.
Entrega de trofeos ós piores chistes: 3º premio: un anaco de rosquilla.
2º premio: Outro anaco, aínda que máis grande
1º Premio... un anaco maior aínda. Por incomparecencia, tocoulle á cadela.
Julio sacándolle mil usos ós instrumentos caseiros.
¡¡¡Unha peonza con carrís!!!
¿E onde leva o USB? ;-)
Gran expectación no conta-contos
Celsiño deleitándonos coas súas troulas...
Con vostedes: Azu, Camino, Isabel e Kris, o "Cuarteto da Casa"
A Quintá-esencia
O Cuarteto da Casa
The Palitos Big Band
Celsiño, demostrando unha vez máis que é unha estrela consagrada.
Sons mestizos no solpor
Paixón e entrega por doquier
Alineación de Gala para a Palitos Big Band
Recital de poemas de Mahmud Darwix a cargo de Marga
E como peche dourado: Churrasco de Irmandade Algarábico.
... e ata o ano que ven, só nos queda berrar: ¡Viva a Algarabía!