Chegada á zona de Bahiña (Baiona) na que se atopa este conxunto de petróglifos, tan interesante como numeroso.
Xosé Lois Vilar, ensinounos moitas das particularidades e contextualizacións destes gravados.
Participou un grupo de persoas que asistiu á súa conferencia na EOI sobre toponimia marítima.
Amosounos a proposta de marcado dos petróglifos sen empregar ningún elemento daniño para as pedras nin os gravados
Non se utiliza nin xiz nin ningún outro obxecto para non danar o gravado. Imprégnase con esta especie de pós de talco que acentúan a vistosidade dos gravados.
Esta técnica ofrece unha visión dos debuxos que doutro xeito sería imposíbel de apreciar.
Descubrimos que as pedras están moito máis cheas de gravados do que a simple vista se puidese constatar.
Xosé Lois Vilar transmitiunos moitas claves para saber valorar estes fermosísimos gravados que enchen de misterio e simbolismo os nosos espazos naturais.
son os nosos particulares xeróglifos á espera de que algún día aprendamos a ler e interpretar o seu significado.
O conxunto máis espectacular está nesta parede case vertical que preside o lugar chamado "Outeiro dos Lameiros"
son máis de setenta figuras de cuadrúpedes: cabalos e algún posíbel raposo.
Fermosas escenas de monta entre os cabalos